lunes, 27 de junio de 2011

Test impertinente. Diario de Pontevedra

É das que se erguen cando manda o espertador?

–Non sempre…Encántame durmir, así que necesito razóns potentes para facerlle caso. Madruga ou trasnoita?

–Ambas cousas, dependendo da ocasión. Penso que hai momentos para todo.

Toma o café…

–Moi pouco cargado.

Para durmir prefire...

–Estar ben acompañada.

cantas horas de traballo cumpre ao día?

–Iso é algo incalculable, ás veces traballo incluso cando estou durmindo.

Puntual ou tardona?

–Puntual.

Que é o que non pode faltar no seu armario?

–Un pantalón vaqueiro.

o que mellor fai na cociña...

–Os guisos, as ensaladas e os brownies.

o ferro funciona ou está avariado?

–Debe de estar avariado, non sei nin onde está.

a súa peor manía...

–Hai momentos nos que preciso silencio absoluto.

a súa maior virtude...

–A empatía…e que non sei facer as cousas a medias, son bastante kamikaze.

Un lugar para vivir...

–Santiago de Compostela.

outro para fuxir...

–A Guarda.

o mellor momento para o sexo...

–Sempre que apeteza…e algo especial pasa na hora da sesta.

de pequena, que quería se de maior?

–Cantante, escritora e actriz.

e agora, que quere ser de maior?

–Boa persoa.

É das que sempre buscan e nunca atopan?

–Si, son tremendamente despistada…E non falemos do meu bolso, é un espazo indomable…

Pensou algunha vez como se apañaría sen a súa media laranxa?

–Nesta profesión viaxas e pasas moito tempo soa, así que aprendes a convivir contigo mesma.

lembra algunha ocasión na que dixera ‘terra trágame’?

–Moitas veces. Unha vez nunha rodaxe había rapazas de figuración que tiñan que facer de prostitutas. Eu estaba falando cunha delas e díxenlle o “ben que ía caracterizada” para o papel, ata que ela me contestou que “esa era a súa roupa”, que aínda non se vestira de personaxe…Quixen morrer alí mesmo. Desas teño varias anecdotas.

algo que lle faga rir...

–As situacións incómodas, non o podo evitar.

algo que lle faga chorar...

–A inxusticia e os abusos de poder.

Non pode vivir sen…

–Música.

Nunca se entenderá con….

–Nunca me entenderéis con quen non ten sentido do humor.

cal é o regalo ao que máis recorriu na súa vida?

–Un libro. Sempre funciona.

a canción que pon música á súa vida ...

–‘Save me’ de Aimee Mann.

Unha escena dunha película que non se cansa de ver...

–Ricardo Darín e Natalia Verbeke falando no restaurante en ‘El hijo de la novia’ de Juan José Campanella.

Un libro que marcara a súa vida...

–‘La insoportable levedad del ser’, de Milan Kundera.

con que famoso/famosa lle gustaría compartir habitación?

–Son dous: Epi e Blas. Sería moi divertido, seguro.

Un soño cumprido...

–Estudar en Nova York.

Un que aínda non cumpriu...

–Dedicarme a viaxar polo mundo, sen límite de tempo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario